Añadir leyenda |
Érase que se era unha illa nun mundo máxico, no que vivían as letras. Era unha illa maravillosa, nin moi grande nin moi pequeña, coa súa praza, as súas montañas, o seu bosque e ata un volcán.
As letras pasaban os días felices na súa aldea.Nela, vivían nas súas casiñas de alegres cores: rosa,azul,laranxa... Tamén tiñan un faro e unha ponte de entrada,que debían cruzar sempre polo camiño da dereita, a PONTE DO ABECEDARIO.
Pero na illa hai outro habitante que odia as súas veciñas. Bueno, en realidade,son dous: o malvado ESPANTALETRAS e o seu can RASTREATUS.O Espantaletras é malvado e protestón e nunca quixo aprender a ler.Vive nunha torre na zona mais escura e tenebrosa da illa.Dende alí, co seu catalexo, vixía ás letras día e noite. Envía ao seu can a espiar cada un dos seus movementos, porque quere destruir todas as letras, xa que non soporta os seus sons, as súas risas, as súas cancións...
Un día, o Espantaletras desencadeou una terrible tormenta para acabar con elas, pero non o logrou, porque alí estabamos os DIVERSÓNICOS de Lois. Así que....abróchense os cintos,que comeza a aventura, rumbo a illa das LETRAS!

No hay comentarios:
Publicar un comentario