martes, 27 de marzo de 2018

EXCURSIÓN A APIPOLIS




♫♫♫♫  Nun país multicor, naceu unha abella baixo o sol.....

Así, comezaba a canción da serie de debuxos animados "A abella Maia", que contaba as peripecias dunha simpática abella, dentro da súa colmea.

Que encantados quedamos ao poder visitar a granxa APÍPOLIS e poder velas de cerca e aprender unha morea de cousas sobre elas.























Disfrutamos un montón e fixemos cantidade de tareas, como cociñar unhas riquísimas galletas de mel, , confeccionar unha vela, escoitar un simpático conto relatado por Nico, e, como verdadeiros apicultores, entrar no apiario, en contacto directo coas abellas, despois de poñernos o traxe obrigatorio, para ir protexidos.











QUE GUAPOS!


POÑENDO OS GUANTES..
DIFERENTES CLASES DE MEL
...E MÁIS MEL...

No hay comentarios:

Publicar un comentario