Asistir a unha función teatral e visitar unha exposición no Café Moderno de Pontevedra era o plan deseñado para a nosa próxima saída, todo acompañado dun día estupendo, onde o sol lucía para facernos compañía.
Cando chegamos, dirixímonos á Sede da Fundación, onde nos agardaba o espectáculo de monicreques, "ANTÓN COMODÓN", da compañía catalana L'Estaquirot. Trataba dun home chamado Antón, que era un auténtico folgazán e non sabía facer nada por sí mesmo; todo o día, adicábase a incordiar ao seu amigo Nicolás, quen farto desta situación, decidiu marchar ás illas Verdes e quedarse a vivir alí.
Antón desesperado, emprende unha longa viaxe na súa procura, coñecendo a todo tipo de personaxes, dos que aprende infinidade de cousas que lle servirán para madurar e facerse autónomo e responsable.
Saímos encantados e aplaudimos moitísimo.
Merendamos e, a continuación, fumos ao Café Moderno, onde vimos unha exposición en 3D do Camiño de Santiago, cunhas gafas que facían que nos mareásemos un pouco.
Añadir leyenda |
No Café Moderno, fixemos un taller de deseño, onde tivemos a ocasión de deseñar o noso propio dormitorio.
Auténticas artistas! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario