|
LUCES, CÁMARA, ACCIÓN... SILENCIO, SE RUEDA!
|
HAI MOITO, MOITÍSIMO TEMPO QUE OS ANIMAIS QUERÍAN AVERIGUAR A QUE SABÍA A LÚA. SERÍA DOCE OU SALGADA? SÓ QUERÍAN PROBAR UN ANACO.POLAS NOITES, MIRABAN AO CEO E ESTIRABAN O PESCOZO, AS PERNAS E OS BRAZOS, PERO NINGUÉN FOI QUEN DE TOCALA.
UN BO DÍA, UNHA TARTARUGA DECIDIU SUBIR Á MONTAÑA MÁIS ALTA PARA ASÍ PODER ESTAR MAIS PERTO.
|
PERO NON O CONSEGUIU! ASÍ QUE DECIDIU CHAMAR AO ELEFANTE |
|
ELEFANTE, SI SUBES AO MEU LOMBO, POIDA QUE CHEGUEMOS1 |
PERO POR MAIS QUE SE ESTIROU, NON FOI QUEN NIN DE ROZALA. ASÍ QUE CHAMOU POLA XIRAFA
|
XIRAFA, SUBE AO MEU LOMBO! |
|
PERO AO VER Á XIRAFA TAN ALTA, A LÚA SUBIU UN CHISCO MÁIS. DECIDIRON CHAMAR Á CEBRA |
|
CEBRA, SI SUBES AO MEU LOMBO, CONSEGUIRÉMOLO! |
|
MAIS A CEBRA TAMPOUCO PUIDO TOCAR A LÚA ENTÓN, CHAMARON AO LEÓN |
|
LEÓN, SUBE E ESTÍRATE TODO O QUE POIDAS! |
PERO A LÚA DISTANCIOUSE OUTRO POUQUIÑO.
CHAMARON AO RAPOSO, QUEN POR MOITO QUE ESTIROU AS SÚAS PATAS, NON CONSEGUIU NADA.
E DECIDIRON CHAMAR AO MONO
MONO, CUN SALTO DOS TEUS, SEGURO QUE PODES TOCALA!
POR MAIS QUE SALTOU, NIN SIQUERA A ROZOU.
|
POR ÚLTIMO, CHAMARON AO RATO QUEN DESPOIS DE ESTIRARSE MOITÍSIMO,DUNHA DENTELLADA ARRINCOU UN ANAQUIÑO DE LÚA, SABOREOUNA E FOILLE DANDO UN CACHIÑO A CADA UN DOS ANIMAIS E SOUBOLLES A AQUILO DO QUE MÁIS GUSTABA CADA UN DELES.
| E ESA NOITE, DURMIRON TODOS MOI XUNTIÑOS...AGÁS A XIRAFA,QUE COMO TODOS SABEDES, PREFIRE DORMIR DE PÉ. |
E COLORÍN, COLORADO , ESTE CONTO ESTÁ REMATADO
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario