HOXE RECIBIMOS A VISITA DUN BEBÉ MOI ESPECIAL, MANUELA, A FILLA DA PROFE ANA. ESTÁBAMOS ENCANTADOS DE VELA, PORQUE É TAN BONITIÑA COMO UNHA BONEQUIÑA. A PROFE MONTSE EXPLICOUNOS QUE NÓS TAMÉN ÉRAMOS ASÍ DE PEQUERRECHOS ANTES DE VIR AO COLE, PERO PARECÍANOS ALGO RARO AO VERNOS AGORA TAN MAIORES. MANUELA, MOITAS GRAZAS POLA VISITA E ESPERAMOS QUE VOLTES MOI PRONTO |
No hay comentarios:
Publicar un comentario