Continuamos a nosa viaxe polo mundo e dirixímonos a Suez, cidade en Exipto, perto da saída do canal de Suez.
Así poidemos saber que un dos máis grandes buques do mundo, o Ever Given, quedou atascado neste canal durante seis días, paralizando o transporte marítimo mundial.
O BUQUE EVER GIVEN |
Para chegar a Suez, tivemos que embarcar no porto de Bríndisi, en Italia.
Cos nosos pasaportes en regla, previa revisión de la capitana Olalla, quen nos adxudicou o número de asento, poidemos iniciar a nosa viaxe en barco.
Pero non foi tan sinxelo, xa que antes tiñamos que atopar as letras para formar a mensaxe "CANAL DE SUEZ".
Traballando en equipo, todo resulta máis doado; así que buscamos por toda a aula ,seguindo as pistas indicadas e non tardamos moito en conseguilo.
A seguinte proba consistía en formar unha torre con cubos, colocándoos do xeito adecuado, respetando o seu tamaño. Unha vez rematada, poidemos embarcar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario