Hoxe tocou día de festa no Cole: celebramos os Maios.
Para vestir o noso maio, trouxemos fiuncho, xesta, flores, laranxas, cáscaras de ovo...
Cos pampullos, fixemos colares e coroas,que tamén usamos para poñernos moi guapos e bailar arredor do maio.
Despois de tanto traballo, era necesario repoñer forzas cun rico biscoito de laranxa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario