Despois de traballar sobre a figura do escritor Francisco Fernández del Riego,a quen se lle adica o día das Letras Galegas este ano,puxemos a proba os nosos coñecementos ,mediante un xogo de escapismo, no que tras superar unha serie de probas,teremos que atopar a chave que abre o cole,para poder saír,nun tempo determinado. |
CO IDENTIFICADOR DO NOSO NOME,ESCOITAMOS ATENTAMENTE AS INSTRUCCIÓNS: O OBXECTIVO DO XOGO É ATOPAR AS OITO FABAS COAS INICIAIS QUE COMPOÑEN O NOME DO LUGAR DE NACEMENTO DO ESCRITOR: LOURENZÁ |
|
BUSCAMOS TRES IMAXES RELACIONADAS COA CIDADE ONDE ESTUDOU FERNÁNDEZ DEL RIEGO.
| NUNHA MALETA CHEA DE OBXECTOS RELACIONADOS CON DIVERSAS PROFESIÓNS,ELEXIREMOS CATRO PERTENCENTES AO AUTOR.
|
|
DANDO A SOLUCIÓN A UNHAS ADIVIÑAS,ATOPAREMOS O CONTO LÚA,ONDE ESTÁ A SEGUINTE FABA.
RESOLVENDO UN XEROGLÍFICO
ADIVIÑAREMOS O NOME DA MULLER
DO ESCRITOR: EVELINA
|
ANTES DOS ORDENADORES,OS ESCRITORES UTULIZABAN MÁQUINAS DE ESCRIBIR. |
|
DEBEMOS ESCRIBIR NO ORDENADOR OS NOSOS NOMES DE XEITO CORRECTO PARA PODER ATOPAR A SEGUINTE FABA,QUE ESTÁ ESCONDIDA NESTE APARELLO.
|
|
TOCA MANCHAR AS MANS E ATOPAR ENTRE A FARIÑA AS SETE LETRAS QUE CONFORMAN O NOME DA EDITORIAL FUNDADA POLO AUTOR. |
|
PROBA CONSEGUIDA!
|
|
"GALICIA NO ESPELLO" É UNHA DAS OBRAS DE FERNÁNDEZ DEL RIEGO. NESTE ESPELLO ,ESTÁ ESCRITO O NOME DUNHA DAS EMBARCACIÓNS MÁIS ANTIGAS DE GALICIA.. |
PARA VELA,NECESITAMOS UNHA LINTERNA ESPECIAL
E PODEREMOS ABRIR A CAIXIÑA COA SEGUINTE FABA,SE SOMOS QUEN DE LELA:DORNA
|
TAMÉN ESCRIBIU SOBRE PEIXES,POLO QUE DEBEMOS COMPOÑER TRES PUZLES. |
|
FACEMOLO POR GRUPOS DE IDADES |
|
XA TEMOS TODAS AS FABAS,SÓ QUEDA ABRIR O CANDADO PARA PODER COLLER A CHAVE DO COLE,DENTRO DA CAIXIÑA. |
|
IMOS AXIÑA A ABRIR1 |
|
PROBA SUPERADA,XA ESTAMOS FORA! BRAVO,CAMPIÓNS! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario