miércoles, 25 de octubre de 2023
sábado, 21 de octubre de 2023
UNHA VASOIRA NA PORTA?
Esta mañá,atopamos unha vasoira, un tanto particular, na porta da nosa aula.
Non era a vasoira da señora da limpeza,non.
Tiña outra forma...,máis ben parecíase á do conto que lemos o pasado mércores,na biblioteca de Leiro: "Como mola tu escoba!"
Entón....é a vasoira dunha bruxaaaaaaa?
Efectivamente!
Todo indica que unha pobre bruxa andará na procura da súa vasoira perdida.
Pero mentres non pase a recollela,utilizarémola para traballar este personaxe do Samaín.
UNHA VASOIRA DE BRUXA? |
VESTIMENTA DE BRUXA:SOMBREIRO,VESTIDO NEGRO PARA PASAR DESAPERCIBIDA,ZAPATOS NEGROS E VASOIRA PARA VOAR. |
O BRUXO OMAR |
O BRUXO BENI |
A BRUXA SOFI |
A BRUXA SURI |
O BRUXO BRAIS |
O BRUXO ROMEO Pois toca poñerlle cara a esta bruxa esquecedora,decorándoa libremente con rotuladores,pegatinas,papel,purpurina... |
PREPARANDO O SAMAÍN!
Xa chega o Samaín,coas seus pantasmas,vampiros,bruxas,zombis,momias...
As portas da clase cobran vida e recíbennos cada mañá,cun sorriso espeluznante,invitándonos a entrar.
Unha araña xigante amosa a súa tea nos andeis da biblioteca,entre libros de medo e suspense.
Unha cabaza,xunto a unha man zombi,indícanos o libro que leeremos cada día.
Tiras de personaxes terroríficos colgan do teito,para recordarnos que xa queda menos para....SAMAÍN!
FOLLAS ANIMADAS
viernes, 6 de octubre de 2023
MENUDO LÍO!
"Menudo lío!" é o conto escollido para presentar as vogais e as consonantes que debemos rescatar na Illa das Letras.
As vogais están moi enfadadas coas consonantes,porque pensan que son unhas engreídas e sempre queren facerse notar. Así que tramaron un plan para quedarse elas soas nos libros, pero cando a profe comezou a ler o conto,non había quen entendera nada.
Decidiron que o mellor sería facer as paces, para que todos os nenos poidesen desfrutar dos contos tan bonitos que a súa mestra contaba na clase.
CAPITÁN XURXO |
FROITOS SECOS E CARNOSOS
Si en anteriores clases,falamos das árbores de folla caduca e perenne,de que os días van sendo máis curtos e as noites máis longas,as follas cambian de cor,algúns animais hibernan...,hoxe toca traballar o sentido do gusto,xa que imos probar diferentes froitos secos e carnosos: figos,mandarinas,laranxas,uvas,granada,améndoas,anacardos,abelás,noces,castañas,cacahuetes e unha rica compota de mazá...,unha merenda típica da estación.
MERENDA VARIADA |
QUIXEMOS PROBAR DE CASI TODO! |
PERO OS FROITOS SECOS FORON OS PREFERIDOS! |
E AGORA TOCA PASAR A PROBA |
XOGO DAS TARXETAS DE VOCABULARIO DE OUTONO |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)