"Menudo lío!" é o conto escollido para presentar as vogais e as consonantes que debemos rescatar na Illa das Letras.
As vogais están moi enfadadas coas consonantes,porque pensan que son unhas engreídas e sempre queren facerse notar. Así que tramaron un plan para quedarse elas soas nos libros, pero cando a profe comezou a ler o conto,non había quen entendera nada.
Decidiron que o mellor sería facer as paces, para que todos os nenos poidesen desfrutar dos contos tan bonitos que a súa mestra contaba na clase.
CAPITÁN XURXO |
No hay comentarios:
Publicar un comentario