Chegou o día máis terrorífico do ano e acudimos a Leiro,para desfrutar dunha mañá de aquelarre con bruxos e bruxas chegados dende todos os rincóns do planeta.
Viñan acompañados de cabazas monstrosas e variñas máxicas.
Os morcegos voaban polas paredes... |
... e polas ventás asomaban mans! |
Cabazas horripilantes! |
Que mellor xeito de comezar a xornada que cunha carreira solidaria contra a leucemia infantil!
Unha vez rematada,tocaba deleitar aos oídos coa música interpretada polo grupo da Escola de Música de Ribadumia.
A soplar ben forte! |
Probando o instrumento |
"O Paseo do Terror" a cargo da ANPA fíxonos tremer de medo,así como tamén a bruxa Sofronisa, na súa aventura con Daniela Piratal
Xa chegaba a hora da merenda para probar os deliciosos postres preparados polas familias e aproveitar o sol no patio.
"Contos,cantos,poemas e xogos",o Contacontos agasaio da ANPA,levounos a paraxes de medo,a través de contos populares.
As bruxas e bruxos bailaron e cantaron,baixo a dirección da profe Olalla .
.
A hora de rematar chegou e despedimos o Samaín,recollendo o bolsiño de castañas,que tan atentamente asaron o grupo de pais.
FELIZ SAMAÍN 2023!
No hay comentarios:
Publicar un comentario