O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz,porque nesta data no ano 1948,foi asasinado Mahatma Gandhi,líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte a inxustiza.
Este ano,tomamos a obra "Construir", da muralista galega Lidia Cao,onde pódese ver a axuda mutua que se prestan dúas mulleres para construir e manter en pé unha estructura de pedras; conseguir o equilibrio supón moito esforzo para que a estructura se conserve e siga a medrar. Po iso,estas pedras representan as dificultades que as mulleres afrontaron ao longo da nosa historia e como conseguiron o seu propio espazo,grazas ao apoio mutuo.
Na clase,quixemos facer a nosa propia construcción con diferentes pezas de porexpán,decorándoas con témpera de variados cores e letras de goma eva,formando palabras como AMOR,CALMA,RESPETO,TRANQUILIDADE,PAZ e os nomes de todos nós.
|
"CONSTRUÍR" |
|
PINTURA CON RODILLO |
|
DÁNDOLLE COR |
|
XA CASE REMATAMOS! |
|
A NOSA OBRA |
Tamén quixemos adicar unhas bonitas palabras aos nosos compañeiros,para expresarlles todo o noso cariño e respeto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario