Por fin chegou a tan ansiada festa de disfraces e como auténticos piratas,achegámonos ao Auditorio de Ribadumia,onde nos agardaba unha mañá chea de sorpresas e xogos.
O ambiente pirata estaba totalmente logrado da man do ANPA, que convertiu a entrada do Auditorio nunha auténtica aventura de bucaneros e grumetes.
TRIPULACIÓN PREPARADA |
RUMBO Á ILLA DE ONS! |
O Mago Paco trasladounos ao mundo da maxia,a través dos contos.
O sanguinario pirata pontevedrés Benito Soto acudiu á festa e solicitounos axuda para atopar o tesouro na illa de Ons.
As probas que había que pasar para conseguilo,non eran doadas,pero coa nosa valentía e pericia fomos quen de logralo.
Unha boa merenda con doces típicos de Entroido era o que o noso corpo necesitaba,despois de esta gran aventura.
Co desfile polo Auditorio,debido ás inclemencias do tempo,rematamos esta estupenda mañá pirata.
FELIZ ENTROIDO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario