O segundo trimestre remata e que mellor que facelo,na compaña de todos os nosos compañeiros,para poder desfrutar dunha mañá chea de sorpresas.
A actividade de Plástica foi o arranque da sesión: decorar un vasiño ,onde colocaríamos o ovo de chocolate que deberíamos atopar no parque.
Da man do grupo Polo Correo do Vento,poidemos coñecer a vida da oceanógrafa ferrolana Ángeles Alvariño,que foi a primeira muller científica nun buque oceanográfico británico,descubrindo 22 especies de animais mariños.
Mentres escoitabamos a súa historia,a ilustradora foi debuxando a esta gran bióloga.
Quedamos abraiados!
!
Ademais,ensinounos a debuxar un rostro,de xeito sinxelo.
A visita de Maruxa,a nosa amiga hixienista dental,foi o remate deste venres,comezo das vacacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario