Partimos cara a Pontevedra para poder desfrutar da obra de teatro de monicreques "PINGÜIN",da man da Compañía Empatía Teatro.
Conta as peripecias dun pequeno pingüin que vai ter un irmán. A chegada dun novo membro á familia fai que se sinta algo confundido e temeroso de perder o cariño dos seus pais.
Pero dase conta de que ocurre todo o contrario: acaba de gañar un amigo para toda a vida.
PREPARADOS PARA SUBIR Ó AUTOBÚS |
OÍDOS BEN ABERTOS,QUE IMOS COMEZAR! |
Unha vez rematada a obra,hai que merendar para repoñer forzas.
AO RICO BOCATA! E agora imos xogar ao Parque da Xunqueira! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario