Que nervios! Chegou o día da visita ao que será o noso novo Cole o vindeiro curso.
Subimos ao autobús na parada máis próxima a aula de Lois.
Ao chegar,atopámonos con novos compañeiros que cursan Infantil neste Centro e que tamén formarán parte dos grupos de primeiro de Primaria.
Atopamos unha enorme caixa con candados que esperaban ser abertos por unhas chaves que deberíamos conseguir,tras superar unha serie de probas.
Visitamos todas as instalacións do Cole e coñecemos a aula de Primeiro,onde tivemos a sorte de compartir un tempo coas compañeiras do ano pasado.
PRESENTACIÓN CON MARÍA, PROFE DE MÚSICA |
AS PROFES ISA E MARÍA EXPLICANDO AS PROBAS. |
PARA IDENTIFICARNOS,DEBEMOS COLOCAR AS LETRAS DO NOSO NOME NUNHA PEGATINA |
FOTO DE GRAN GRUPO NO EXTERIOR |
IMOS COÑECER TODO O COLE! |
A MASCOTA DA BIBLIOTECA |
AULA DE MÚSICA,ONDE POIDEMOS VER O VIDEO DE DESPEDIDA DO CURSO DE INFANTIL |
FROITA ,GALLETAS E BISCOITO |
CHEGOU A HORA DE ABRIR A CAIXA! |
SORPRESA! A FOTO DE GRUPO QUE FIXEMOS E QUE QUEDARÁ COLOCADA NA PORTA DAS AULAS DE PRIMEIRO. |
UN MARCAPÁXINAS COA FOTO DE GRUPO E UNHA CHAPA DE RECORDO DA CONVIVENCIA FORON OS AGASAIOS QUE TAMÉN CONTIÑA A CAIXA. |
QUE GRAN DÍA! VÉMONOS EN SETEMBRO,COMPAÑEIR@S! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario