Érase unha vez un mundo onde o respeto,a honestidade,o compromiso,a confianza,a empatía...eran valores moi importantes que todos debíamos cumprir e así o facíamos.
Era moi sinxelo e agradable vivir deste xeito e todos camiñabamos cun gran sorriso de satisfacción polas cosas ben feitas.
O desprezo,a humillación,a inxustiza,a intolerancia,a ingratitude,a deslealtade... non tiñan cabida aquí,porque era unha sociedade humana e ética,na que cada ser tiña a súa importancia na vida social.
Pero cando despertei...percateime de que aquilo só era un soño e que cada 25 de novembro celebrabase o Día da Eliminación da Violencia contra a muller para visibilizar e erradicar este grave problema,un problema que nunca debeu existir.
O meu gran desexo sería poder despertarme unha mañá nun mundo como aquel que un día soñei,pero esta vez feito realidade.
MISIÓN CORAZÓN: PARA QUE NUNCA DEIXE DE SORRIR |
No hay comentarios:
Publicar un comentario