miércoles, 22 de octubre de 2025

UNHA CEA MONSTROSA

 

                         QUERIDOS COMENSAIS:

                  O RESTAURANTE NON SE FAI RESPONSABLE

                  DAS INDIXESTIÓNS E ALERXIAS ALIMENTARIAS

                  QUE POIDAN PROVOCAR CERTOS PLATOS.


Celébrase un gran banquete,ao que acuden os seres máis horripilantes do mundo.

A cea será no restaurante "ESPÁRRAGO PODRE",famoso polas súas tres estrelas negras.

 O chef LOTTEN GOCRUDO é moi coñecido polas receitas de alta cociña.

O primeiro en chegar é don Lobo,que vive no bosque,onde desfruta recollendo cogomelos.

TEÑO UNHA FAME 
QUE MORRO!



O seguinte é don Drácula,moi elegante coa súa capa negra.Probará de todo,pero nada de allo nos seus platos,xa que non o soporta.

QUIXERA UN GAZPACHO 
CON SANGUE FRESCO!


 

Agora chega o conde Sangue de Horchata,que ven dende o seu castelo no cume da montaña.

PODERÍA SER UNHA TAPA DE  
ÁS DE MORCEGO?

Voando na súa vasoira,chega a Bruxa do Samaín,que co seu traxe de cor laranxa representa o poder e a forza. Ten tanta fame que xa zampou unhas cantas arañas antes de entrar.



TARDAN MOITO EN SERVIR!





Por fin,chega a personaxe que faltaba: a terrible Maléfica,que cos seus poderes máxicos pode transformarse nun gran dragón negro e morado.

QUERO COMER XA!



O banquete pode comezar.


PODE SERVIRNOS?




CANGREXO DAS RÍAS BAIXAS CON 
GUARNICIÓN DE PLUMA DE AVE TROPICAL 
E OLLO DE POLO.


RABO DE LAGARTO ASADO ÁS FINAS HERBAS
CON POLBO MAREADO E MEXILLÓN
CON SOLERA (DO ANO PASADO).


TARÁNTULA VISCOSA CON OLLO 
DE FARAÓN,CORNO AFUMADO E SESOS DE 
MOSCA VELLA



COMBINADO DE ARAÑA E MOSCA
CON BABA DE CARACOL E OLLO
DE PIRAÑA.





MOA DO FARAÓN DE EXIPTO CON BOCADIÑO 
DE CRÁNEO DE RATA E TROL CON AROMA
DE LARANXA PODRE






BÓ PROVEITO!


BOÍSIMO!

DELICIOSO!






QUE RICO!

SABROSO

EXQUISITO!







BRINDEMOS POR SAMAÍN!

CABAZAS DIVERTIDAS

 

A cabaza é un dos símbolos do Samaín,xa que esta festa asociase coa tradición de tallar cabazas para decorar e espantar aos malos espíritus.

No noso obradoiro de Plástica, imos practicando con cabazas en cartulina que decoraremos dos xeitos máis variados e orixinais.

ESTARÁ GUAPA CON ESTE SOMBREIRO?
IMOS DECORANDO!




















CABAZA BIGOTUDA

CABAZA MEXICANA

















CABAZA MACARRA

CABAZA PORQUIÑA
















CABAZA VAMPIRO

SURTIDO DE CABAZAS


SAMAÍN

 

Chegou o momento de ambientar a clase dun xeito terrorífico para dar a benvida ao Samaín.

CASTELOS MISTERIOSOS
E BRUXAS VOANDO NAS SÚAS VASOIRAS

ESQUELETES DIVERTIDOS


FAGAN O FAVOR DE PECHAR 
A PORTA!
NON VEN QUE ESTÁ OCUPADO?




MOMIAS E MONSTROS

OUTRA VEZ COA PORTA ABERTA?

PANTASMAS E VAMPIROS


A QUE DAN MOITO MEDO?

miércoles, 15 de octubre de 2025

LA VUELTA AL COLE UNOENTRECIENMIL: CARREIRA SOLIDARIA

 

Hoxe puxemos un dorsal para participar nunha carreira moi importante,xa que ten como fin axudar a que os nenos enfermos se curen e poidan voltar ao cole cos seus compañeiros.

Ademais de divertirnos,sabemos que cada volta conta e cada aportación suma.

Cando os nenos corren,a investigación avanza.


IMOS COLOCANDO OBSTÁCULOS...



...E MÁIS OBSTÁCULOS.


AS CORDAS DE SAÍDA




NOS SEUS POSTOS!


LISTOS?

ADIANTE,CHICAS!


IMOS CONSEGUILO!






BRAVO!




                                         SODES AUTÉNTICOS CAMPIÓNS!




MALOS MALOTES...

 

Imos xogar con personaxes malos malotes que veremos na festa de Samaín: pantasmas,vampiros,bruxas,zombis...

Agocharemos pola aula os debuxos destes malotes,aos que teremos que atopar mediante a resposta a unha adiviña. Deseguido,buscaremos as letras móviles que conforman o nome de cada personaxe e formarémolo sobre as mesas,sen necesidade de escribilo a man.



ORDENAMOS AS LETRAS