domingo, 5 de octubre de 2025

RECIBIMOS UNHA CARTA

 


                       "Octubre lluvioso,año copioso"

Xa chegamos ao mes de outubro,mes onde recolectamos noces,cogomelos,cabazas,granadas ,
mandarinas,castañas...
Hai que preparar a horta para que poda dar vexetais durante o inverno.
As follas das árbores caen e é momento de repouso.
Na clase,preparamos a mesa de estación con elementos naturais e de tempada.
Pero recibimos unha carta dende o bosque das flores que encheunos de tristura.


A fada Piruleta e o trasno Cascabel pedían axuda para os seus amigos do bosque,polo gran  incendio que queimou unha gran parte das súas casiñas.
E por suposto que quixemos prestarlle toda a nosa colaboración para solucionar este grave problema.
Enviamoslles unhas cartas,ofrecendo a nosa aula para acoller a todos os que quedaron sen fogar,prometendo que estarían moi ben coidados.


PARA A FADA PIRULETA

 
PARA O TRASNO CASCABEL

No hay comentarios:

Publicar un comentario