Érase que se era unha rapariga que sempre levaba posta unha caparuza de cor vermella que lle regalara a súa avoa. Por iso, era coñecida como Carapuchiña Vermella.
Un día,a súa nai díxolle que tiña que levarlle á avoíña unha torta e una xerra de mel,xa que estaba algo enfermiña.
.jpeg) |
CARAPUCHIÑA,ISTO É O QUE TES QUE LEVAR PARA A AVOÍÑA! |
.jpeg) |
"MOI BEN,MAMÁ. AGORA MESMO MARCHO E NON PARAREI ATA CHEGAR A CASA DA MIÑA QUERIDA AVOA" |
Cando pasaba polo bosque,atopou o lobo,que lle preguntou a onde ía. Carapuchiña respondeulle que a casa da súa avoíña,que estaba doente,para levarlle algo de merenda..jpeg) |
CARAPUCHIÑA,QUERES XOGAR CONMIGO?" |
" NON PODO,A MIÑA AVOÍÑA ESTÁ ESPERANDO."
"PERO PODEMOS FACER UNHA CARREIRA,
E VEREMOS QUEN CHEGA ANTES."
O lobo díxolle que había dous carreiros,un longo e outro curto e que lle deixaría a ela tomar o curto.
Pero,en realidade enganouna e mandouna polo camiño longo,para ser el o primeiro en chegar.
.jpeg) |
QUEN É? PREGUNTOU A AVOA AO ESCOITAR PETAR NA PORTA"
|
O lobo fíxose pasar por Carapuchiña e entrou...
.jpeg) |
"SOCORROOOO!" |
.jpeg) |
"VOUTE COMEEER!"
|
A avoa poido esconderse no armario e botar a chave para salvarse das garras do lobo.Este ,poñendo as gafas da avoíña,meteuse na cama,ben tapadiño,esperando a que chegase Carapuchiña.
 |
"CÓMO ESTÁS,AVOÍÑA?"
|
.jpeg) |
"AVOÍÑA, QUE OLLOS MÁIS GRANDES TES! "SON PARA VERTE MELLOR,NETIÑA!" "AVOÍÑA,QUE MANS MÁIS GRANDES TES!" "SON PARA ABRAZARTE MELLOR!" "AVOÍÑA,QUE DENTES MÁIS GRANDES TES!" "SON PARA COMERTE MELLOOOOOR!"
|
O lobo saltou da cama e perseguiu a Carapuchiña para comela.Pero nese momento,pasaba polo bosque un leñador,quen ao escoitar os berros da nena,entrou na casa,a tempo para atrapar ao lobo . |
"LOBO,FUXE DE AQUÍ E NON VOLVAS A MOLESTAR A AVOÍÑA NIN A SÚA NETA. SE VOLTAS,RECIBIRÁS UN FORTE CASTIGO!"
|
 |
A AVOA SAÍU DO ARMARIO E ,MOI CONTENTA, CONVIDOU A MERENDAR AO CAZADOR E,POR SUPOSTO, A SÚA QUERIDA NETA,CARAPUCHIÑA.
|
E COLORÍN,COLORETE,POLA CHEMINEA ESCAPOU UN FOGUETE.