lunes, 31 de marzo de 2025

ARRIBA O TELÓN: A RATIÑA PRESUMIDA

 

Érase unha vez unha ratita moi presumidiña,que varría a porta da súa casiña.Cando xa ía rematar ,atopou no chan unha moeda e comezou a pensar que podería mercar con ela.

LALARALARIÑA,LIMPO A CASIÑA...

MERCAREI UN LACIÑO PARA O MEU RABIÑO!
QUE REQUETEGUAPA ESTOU!

Acertou a pasar por alí o señor porco,quen ao vela tan elegante,parou a falar con ela.

RATIÑA,QUE GUAPA ESTÁS!
QUERES CASAR CONMIGO?



A ratiña preguntoulle como faría pola noite e o porco fixo un gruñido tan forte,que a pobre asustouse moito e díxolle que non.
NON,NON ,QUE ME ASUSTARÁS!

Máis tarde,pasou pola súa casa un boi,quen tamén quedouse a falar coa ratiña.

RATIÑA,QUE GUAPIÑA ESTÁS!
QUERES CASAR CONMIGO?


O boi muxiu de tal xeito que a ratiña ,moi asustada,non quixo saber nada máis.

NON,NON,QUE ME ASUSTARÁS!



Un burro moi xeitoso foi o seguinte en pasar.Pero ao escoitar o seu rebuzno,contestoulle o mesmo que aos demáis.
RATIÑA,QUERES CASAR CONMIGO?

Un parrulo moi alegre tamén quixo probar sorte,pero o seu graznido era tan molesto que a ratiña tampouco quixo casar con el.




NON,NON,QUE ME ASUSTARÁS!




Cando ia entrar na casa,apareceu un ratiño tan elegante e tan guapo,que quedou totalmente namorada.

COMO FARÁS POLA NOITE?
DURMIR E CALAR!


POIS CONTIGO HEI DE CASAR!
CASARON E FORON MOI FELICES
E COMERON PERDICES.









E COLORÍN,COLORETE,POLA CHEMINEA
ESCAPOU UN FOGUETE!


.

 




No hay comentarios:

Publicar un comentario