Para conmemorar o Día da muller e das nenas na ciencia, recibimos unha visita moi especial: dúas científicas, Luisa e Nieves, especialistas en investigación mariña e da natureza respectivamente.
Luisa contounos un conto sobre as ondas do mar, a area, a praia... |
Poidemos ver obxectos que,habitualmente, atopamos nas praias, algún verdaderamente curioso: ovos de tiburón algas, areas de diferente grosor, un envase de lixívia de hai moitísimos anos, cunchas de variados tamaños, etc...
Con Nieves observamos árbores cultivados e follas de diferentes formas, ás que lle debuxamos caras sorrintes e aprendemos os coidados que necesitan as plantas para vivir.
A mañá rematou coa fabricación dun taumátropo, xoguete que reproduce o movemento mediante dúas imaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario