martes, 20 de febrero de 2018

MÓBIL MARIÑO


 





Seguimos aprendendo curiosidades dos habitantes do fondo mariño e esta vez, tocoulle ao cabaliño de mar, a medusa e a estrela de mar.

Vimos que a medusa ten forma de campá, con longos tentáculos para paralizar as súas presas.

O cabaliño de mar é un peixe que nada de pé e que vive escondido no medio das algas.
O que nos chamou moito a atención foi que é o macho o que leva unha bolsa no ventre, onde a femia mete os ovos,
Un mes despois,os pequenos cabaliños  xa están listos para nacer e o pai expúlsaos.

A estrela de mar é un animal mariño con forma de estrela de cinco brazos.
Gústanlle moito os moluscos e os abre coas ventosas dos seus brazos.

Na clase de Plástica, confeccionamos un móbil con estes tres animais mariños.


         Coloreamos os animais , para logo recortalos e colgalos dunha palliña para facer o móbil
E así de bonito nos quedou!



No hay comentarios:

Publicar un comentario