Por fin chegou o día 21, tan esperado no calendario por ser especial,xa que rematamos o trimestre todos xuntos e comenzan as vacacións de Nadal, a época favorita dos nenos.
Acudimos ao cole con disfraces de Papá Noel, gorros,diademas de estrela...
Queríamos divertirnos moito ,así que a proposta era un xogo de escape,no que tiñamos que atopar a chave que abrise a caixa onde estaba o ansiado premio. Para iso, era necesario superar unha serie de probas, unhas máis sinxelas que outras, pero que unidos como un forte equipo,conseguimos superalas todas e cada unha delas.
|
POSAN COMO ESTRELAS! |
Sabiamos que o Apalpador ía pasar polo cole para recoller as nosas cartas e deixarnos un agasallo de madeira .Pensamos nun xoguete co que todos poidesemos disfrutar na clase e o debuxamos.
|
MOITAS GRAZAS, SEÑOR APALPADOR! |
|
ENTREGA DE CARTAS |
Unha das probas consistía en cantar unha panxoliña acompañada con cunchas de vieira e o resultado foi espectacular.
|
Coa seguinte proba.tiñamos que viaxar a París e levantar a torre Eiffel con pezas de construcción. |
|
MANS Á OBRA! |
E a proba foi tamén superada.
A terceira era algo máis difícil, xa que había que desplazarse sobre uns zancos, sin que o gorro de Papá Noel caise da cabeza.
|
ADIANTE! |
| CAMPEÓNS! |
|
COIDADO CO GORRO! |
|
ÁNIMO,CHICOS!
Outra proba estaba relacionada coa raíña de Inglaterra, cuio nome tiñan que adiviñar e atopar as letras que o conformaban, agochadas pola aula.
A derradeira proba consistía en introducir imaxes de Londres e París, no carrito correspondente. Tamén celebramos o aniversario de Yago, que cumpliu cinco anos.
E a mañá rematou cunha gran sorpresa: a visita de Papá Noel,acompañado polos pais dos nenos.Deixounos un doce agasallo de chocolate. FELIZ NADAL A PAPÁ NOEL E A TODAS AS FAMILIAS POR FACER POSIBLE ESTE DÍA CHEO DE MAXIA E ILUSIÓN. GRACIAS POR TODO
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario