Hoxe tivemos unha visita moi musical: Ruth e Alberto,da Banda Municipal de Ribadumia.Con eles e o seu saxofón, poidemos disfrutar do fantástico conto de fadas "O Crebanoces",acompañado da música do compositor ruso Tchaikovsky.
Encantounos e participamos bailando danza rusa e ballet.
Ao remate, decoramos unhas bolas de Nadal que servirán de adorno no Auditorio, xa que mañá poderemos desfrutar alí dunha sesión de contacontos musicados pola Banda de Ribadumia.
Moitas grazas e que viva a música!
|
ESCOITAMOS CON MOITA ATENCIÓN... |
|
MOVEMOS OS BRAZOS Ó SON DA MÚSICA |
|
DANZA RUSA |
|
PASOS DE BALLET |
|
FASCINADOS COA HISTORIA! |
|
QUE BEN SOA O SAXO! |
DECORACIÓN DE BOLAS DE NADAL
No hay comentarios:
Publicar un comentario