Por fin chegou o intre tan ansiado de voltar a xuntarnos cós compañeiros das outras escolas ,co motivo da visita de GOTAS, unha asociación pola diversidade social,con sede en Ribadumia.
Viñeron falar da familia, xa que o quince de maio celébrase o Día Internacional da Familia.
Pero non hai un só tipo de familia e no conto que nos deixaron como agasallo, ven moi ben explicado cos amigos de Jaime: Catalina ten dous pais, Olivia ten dúas nais e Julia ten ademáis o seu maiordomo particular!
O verdadeiramente importante é que todos estes nenos son moi felices dentro da súa familia, xa que síntense queridos e mimados, con independencia de como estea formada.
A nosa querida ANPA tamén agasallounos con contos desta temática familiar; moitas grazas!
Así como toda familia necesita unha casa para vivir, os nosos libros tamén precisan dunha casiña -biblioteca, que estea sempre ao alcance dos nenos. E precisamente iso foi o que fixeron na Asociación GOTAS: unha casiña de madeira con moitas cores.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA E POLOS AGASALLOS!
TAMBORES CON LATAS DE PINTURA |
COMPROBAMOS QUE CÓS GLOBOS TAMÉN PODEMOS FACER SONS |
FOI MOI DIVERTIDO! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario