Tras cancelar a excursión na data prevista ,debido ao mal tempo, por fin poidemos embarcar cara a Cortegada o xoves,26.
O autobús levounos ata Carril, onde unha vez preparados cos chalecos salvavidas,subimos ao barco para chegar á illa.
FOTO DE GRUPO |
XA ESTAMOS A BORDO!
No barco,íamos entusiasmados; unha mágoa que a viaxe fose tan curta...
FOTO NO CRUCEIRO, AO CHEGAR Á ILLA |
O noso monitor, Luis era moi simpático e explicounos cousas moi interesantes sobre a fauna e a flora da illa.
Tamén contou que a princios do século XX, Cortegada foi expropiada dos seus 211 inquilinos para construir unha residencia de verán para ofrecerlla como agasallo ao rei AlfonsoXIII, quen visitou a illa só unha vez, xa que elixiu Santander para instalar alí o seu pazo de verán, o Pazo da Magdalena.
ATENTOS Á EXPLICACIÓN SOBRE OS ANIMAIS QUE VIVEN NA ILLA |
PERCORRIDO A PASO LIXEIRO, OBSERVANDO O ENORME BOSQUE DE LOUREIRO, O MÁIS GRANDE DE EUROPA |
RESTOS DE CASAS DE PEDRA |
DESPEDÍMONOS DE LUIS, ATA A PRÓXIMA VISITA. ATA LOGO, CORTEGADA! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario