Para poder coñecernos un pouquiño mellor, necesitamos saber algúns datos sobre a nosa persona, como o número de pé, o que medimos, o que pesamos , cando celebramos o noso aniversario...
Así que puxémonos a investigar e coa báscula e metro na man,comprobamos os centímetros que medimos ou os kilos que pesamos, así como as nosas pegadas plasmadas no papel ou o noso particular auto retrato.
BEN DEREITOS PARA MEDIRNOS! |
ASÍ DE GUAPO VÉXOME EU! |
PERO QUE GUAPO! |
CUN GRAN SORRISO! |
MODERNA CO PELO DE CORES! |
COS BEIZOS VERMELLOS! |
CHEA DE CORES! |
A FECHA DO MEU ANIVERSARIO |
OS DATOS RECOLLIDOS |
OS MEUS DEDOS |
O MEU D,N.I. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario