Encántanos ir de excursión e que mellor oportunidade para coñecer datos interesantes sobre a Prehistoria,que visitar a exposición no Museo de Pontevedra "Da Rocha ao museo".
Coñecemos a TREA, unha boneca que viaxou no tempo para contarnos como era a vida, fai miles de anos.
Poidemos ver materiais arqueolóxicos moi importantes,saber como vivían as familias,como se alimentaban e ata poidemos probarnos un precioso torque que pesaba bastante!
|
TREA,A BONECA DA PREHISTORIA |
O CESTIÑO DE TREA
|
ESQUELETE DUN RAPAZ |
|
ESQUELETE DUN ADULTO |
|
CASTROS |
|
ESCULTURA |
|
XOIAS |
|
IMOS PROBAR O TORQUE! |
|
COMO PESA! |
|
GUAPÍSIMA! |
|
ME ENCANTA! |
|
PESA UN POUQUIÑO! |
|
QUERO SER O PRIMEIRO EN PROBALO! |
|
FACENDO UNHA PARADIÑA PARA MERENDAR! |
A segunda parte da mañá,adicámola a visitar o Café Moderno,onde participamos nun taller de cabazas de Samaín e visitamos unha exposición de arte pop,"Das latas de Andy Warhol ás túas".
|
ÍMOLA DECORAR CON GOMETS E CONFETI |
|
COA AXUDA DUN MINI VENTILADOR,PEGAMOS O CONFETI |
|
QUE BONITAS ESTÁN QUEDANDO! |
|
A TRAVÉS DUNHAS PISTAS,TIÑAMOS QUE ADIVIÑAR O NOME DA ARTISTA QUE UTILIZA CÍRCULOS ,PUNTOS E LUNARES NAS SÚAS OBRAS POR EXEMPLO, NAS CABAZAS, XA QUE VIVÍA PERTO DUN VIVEIRO ONDE AS CULTIVABAN. E POR SUPOSTO QUE O ACERTAMOS, XA QUE O CURSO PASADO, NA NOSA VOLTA AO MUNDO COÑECIMOS A OBRA DESTA ARTISTA XAPONESA,QUE, POR CERTO, GUSTOUNOS MOITÍSIMO: YAYOI KUSAMA.
TAMÉN HABÍA OBRAS DE OUTROS ARTISTAS , COMO WARHOL,EDUARDO ARROYO OU LICHTENSTEIN. |
|
MISIÓN CUMPLIDA: ATOPAMOS A CABAZA DE YAYOI KUSAMA |
No hay comentarios:
Publicar un comentario