Como cada 25 de Novembro, conmemoramos o Día da eliminación da violencia contra a muller,aínda que sempre coa esperanza de non ter que facelo nunca máis, porque iso significaría que as próximas xeracións medrarán no respeto, na aceptación e nos dereitos humanos, para construir un futuro mellor para todos.
Quixemos aportar o noso gran de area dende o Cole e tratar de encher ese gran VACÍO emocional que se sinte ante unha situación de maltrato.: INDEFENSIÓN, BLOQUEO, PARALIZACIÓN,IMPOTENCIA,ANSIEDADE,BAIXA AUTOESTIMA.... e poder cambialo por MOREAS DE BICOS,APERTAS,SEGURIDADE,TRANQUILIDADE,LEDICIA...
Despois de mesturar a cor vermella coa azul,obtivemos a cor morada,que se asocia á elegancia e a sensibilidade; por iso, quedou plasmada nun mural, onde a protagonista do noso conto sae tras unha porta morada, reforzada cos máis bonitos valores que van axudala a vivir feliz e segura.TAMÉN FIXEMOS UNHA PULSEIRA CON LAZO MORADO
No hay comentarios:
Publicar un comentario