Xa nos achegamos ao final do trimestre e, como consecuencia, ás tan ansiadas vacacións de Nadal.
Quixemos facer unha xornada un tanto especial,con manualidades para colocar na nosa árbore de Nadal e unha merendola a base de chocolate ben quentiño, roscón de Reis para mollar e galletas de xenxibre.
Non quixemos esquecernos das avoíñas e avoíños que pasan as festas na Residencia de Ribadumia e deseñamos unhas bonitas tarxetas para desexarlles un felix Nadal.
QUE RICO O CHOCOLATIÑO! |
CON FIELTRO VERDE E BOTÓNS,ASÍ DE BONITO QUEDOU O NOSO ABETO |
CON FIELTRO ROSA E BOTÓNS, FIXEMOS UNHA CASIÑA DE NADAL |
E AÍNDA TIVEMOS TEMPO DE MONTAR UN PAPÁ NOEL ASÍ DE GUAPO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario