A excursión programada para este mes lévanos a Pontevedra,para disfrutar dunha comedia titulada "FEO", a cargo da compañía Caramuxo Teatro e dunha visita ao Café Moderno.
O espectáculo está inspirado no conto de Andersen," O Parrulo Feo" e conta a historia dunha pequena fábrica que produce todos os días centos e centos de parrulos de goma do mesmo tamaño e cor,ata que un día sae un diferente...
Fíxonos rir moito,pasando un rato ben divertido.
Xa era a hora da merenda e tomamos o noso bocata alí mesmo,na Sede da Fundación.
|
AO RICO BOCATA! |
Despois de merendar,apetecíanos xogar un pouquiño,así que achegámonos á Praza da Liberdade.
|
A CORRER! |
|
VEÑA,QUE TE PILLO!
|
Xa no Café Moderno,contáronnos a historia deste bonito edificio,onde se reunían importantes escritores,como Castelao ou Cabanillas
|
Estivemos nunha sala cuns teitos altísimos. |
|
Saímos ao xardín,onde había unhas palmeiras enormes e una gran estatua de Castelao. |
|
ANTE A ESTATUA DE CASTELAO |
|
NA SALA DE PINTURA |
|
ESCOITANDO CON ATENCIÓN AS INDICACIÓNS PARA COMEZAR A PINTAR. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario