A festa dos Maios celebra a chegada do bo tempo.Trátase dunha festa de orixe celta,relacionada coa aparición das primeiras flores da primavera.
Este curso, xa poidemos celebralo con todo o alumnado do CRA, en Leiro.
Cargados con fiuncho,laranxas,ovos e flores,chegamos con moita gana de festa.
Mentres preparábamos as agullas e as flores para facer os colares,xogamos coas construccións.
Agulla en man,xa estamos preparados para comezar.
QUE BONITO COLAR! |
Antes da merenda,os bolos,os sacos,a petanca e a corda esperábannos para xogar.
Despois de tanto movemento, xa apetecía merendar os postres tan ricos que cociñaron as nosas queridas mamis.
Coa barriga chea,xa podiamos ir ao parque .
Antes de cantarlle ao Maio,tiñamos que probar os xogos populares que estaban no local Social. Divertímonos moito con eles.
O son da gaita indicounos que os gaiteiros agardaban arredor do Maio e alá nos diriximos.
RESULTADO FINAL |
A BAILAR! |
LEVANDO O RITMO! |
QUE NON PARE A MÚSICA! |
UNHA VOLTA! |
EXCELENTES BAILARÍNS! |
GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR E FACER POSIBLE ESTA BONITA CELEBRACIÓN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario