Día 22 de setembro: chega a nova estación,o outono.
"Septiembre,el que no tenga ropa,que tiemble". Este mes é epoca de colleitas: cebolas,mazás,améndoas,noces abelás,castañas,uvas,cogomelos,cabazas,millo...
Destaca a vendima e a elaboración do viño e do mosto.
Emigran algúns paxaros,como as andoriñas,o reiseñor,a bubela...
Algunhas árbores perden as súas follas que cambian de cor,as temperaturas son máis frías e os días máis curtos.
Os paseos polo bosque para recolectar follas,buscar cogomelos,saltar en montóns de follas secas ou facer unha "caza do tesouro" de elementos otoñais,son actividades moi atractivas.
Así que iso é o que fixemos no Cole: recoller todo tipo de estes elementos para xogar con eles. Cós caldeiros cheos de follas,landras,piñas e paus compoñemos as iniciais dos nosos nomes,estampamos follas,fixemos coroas e decoramos as letras que forman a palabra desta bonita estación.
![]() |
![]() |
X DE XURXO |
![]() |
N DE NEREA |
![]() |
L DE LOIS |
![]() |
K DE KELYAN |
![]() |
COROAS DE OUTONO |
No hay comentarios:
Publicar un comentario