O 23 de Abril é unha data sinalada para todos aqueles aos que lles gusta "mergullarse" no fantástico mundo que nos ofrecen os libros: aventuras, terror, animais, poesía...., diferentes temáticas para qie poidamos elexir a mellor opción, a máis acorde cos nosos gustos como lectores.
Para rendirlle homenaxe, como se merece, abrimos unha porta imaxinaria, para que poidesen entrar personaxes saídos dos nosos contos favoritos: Carapuchiña, o emperador (O Emperador e o reiseñor), a malvada bruxa, o pirata Malapata, o cabaleiro San Jorge e a súa bela princesa, etc...
Eles mesmos fixeron a súa presentación, desexándonos a todos os lectores un feliz día do Libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario