viernes, 13 de abril de 2018

LUCES, CÁMARA, ACCIÓN: A VELLA QUENLLA PERDE OS DENTES.

A VELLA QUENLLA PERDE OS DENTES
Érase unha vez unha vella quenlla, que un día, atopou unha pedra no fondo
do mar e confundiuna cunha madalena. Como estaba moi famenta, meteulle
un bocado e....
...saltáronlle todos os dentes, quedando
totalmente desdentada.


Atopouse cun rodaballo e díxolle:
Anda con coidado, que vouche dar un bocado!
O rodaballo, ao ver a boca da quenlla, botou a rir, dicíndolle:
Que vas facer sen dentes? 



Foi comunicar a gran noticia a todos os peixes, que vivían atemorizados coa quenlla.
Puxéronse moi contentos e decidiron ir a velo cos seus propios ollos.


As estrelas de mar foron as primeiras.
De seguido, foron os polbos.


E como non, os cabaliños de mar.
Todos os animais mariños pasaban a burlarse da pobre quenlla.


Ata que pasou por alí Bob Esponxa, quen vendo á quenlla tan triste, preguntoulle que lle pasaba. Tras escoitar a historia, aconselloulle visitar ao polbo cabezón, no seu taller de mecánica.
O polbo contoulle que aquel non era ningún problema.

Í.alle fabricar unha dentadura postiza de ferro e de metal


Unha vez rematada, colocoulla e a quenlla voltou sorrir, moi contenta.
Coa dentadura nova,foi en busca dos peixes, que tanto se burlaran del.
Confiando en que seguía desdentada, comezaron a rir, ata que abriu a boca e...


SOCORROOOOOOO!



Moi asustados, fuxiron a toda velocidade, pero non todos tiveron a mesma sorte.
Un dos polbos non foi tan rápido e acabou  servindo de merenda á quenlla.
O que sí aprenderon ese día é que non está nada ben burlarse dos demais, nin rirse dos seus defectos.


E COLORÍN, COLORETE, POLO OCÉANO, ESCAPOU UN PEIXE!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario