viernes, 20 de abril de 2018

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA



     "AS CONSERVAS TEMOS UNHA CHEA DE ENERXÍA PARA O TEU BOCATA".

          A través desta campaña, preténdese dar a coñecer as virtudes das conservas dos produtos do mar.para medrar sans e fortes.
As compañeiras de "Pónlle as pilas ao teu bocata" visitaron o noso cole, para falarnos  destes beneficios e convidáronnos a uns exquisitos bocatas de conserva.
.
Esperando o noso turno...
De que o pedirei?
Non quedaron nin as migas.Que rico!















Tamén recibimos a visita da Presidenta do Refuxio de Cambados, Olga Costa, quen nos contou toda a excelente labor que fan  neste Centro, acollendo a cans e gatos abandonados, alimentándoos  e coidándoos ata que alguén queira adoptalos.
A colaboración prestada polas familias foi inmellorable, donando todo tipo de produtos necesarios para o coidado dos animais.
Veu acompañada de tres preciosos cans, que fixeron as delicias dos nosos cativos.





 Xa que estaba próxima a celebración do Día do Libro, confeccionamos un marcapáxinas dun canciño, en homenaxe aos nosos grandes amigos.
Foi unha mañá moi divertida!


No hay comentarios:

Publicar un comentario