Érase unha vez, hai moitos anos, no Reino das Cores, vivían uns heroes, todos valientes e osados,e moi orgullosos da súa cor.
|
SOMOS OS SUPER HEROES! |
|
O heroe vermello decía , moi satisfeito, que a súa cor era a máis bonita, xa que as mazás e os amorodos amosaban esta cor. |
|
O heroe verde non estaba de acordo, porque as verduras e os campos eran verdes. |
|
O heroe azul replicou, xa que non había nada máis fermoso que o mar e o ceo, que por suposto, eran azuis. |
|
O heroe amarelo botou a rir, dicindo que todo que escoitaba eran tonterías,pois non había nada máis importante que o Sol para a nosa vida e este era de cor amarelo. |
|
E así pasaban os días, discutindo e pelexando porque todos se creían o mellor e só veían defectos nos demáis. |
|
Pero un día, a Raíña Branca chamounos e díxolles: Xa empezo a estar moi farta das vosas discusións! Eu, como a vosa Raíña, vos ordeno que en adiante,vaiades sempre xuntos e non pelexedes polas vosas diferenzas. Todos somos diferentes, pero... qué aburrido se todo fora igual! Mirade.: a miña filla pronto vai casar e quero decorar a porta do meu pazo co adorno máis bonito que ninguén vira xamás. Déixoo nas vosas mans, super heroes! |
|
Os heroes, moi arrepentidos,reuníronse para deseñar un plan e conseguir que a súa Raíña estivese orgullosa deles. E pensaron que non habería adorno mellor que a unión de todas as súas cores. |
|
E así foi: cores diferentes e fermosos todos xuntos: un raio de sol,unha chama de lume, un anaco de ceo e un retazo de bosque |
A Raíña acompañou a súa filla, a Princesa de Cores e quedaron totalmente abraiadas ante aquel bonito espectáculo.
Por fin, aqueles heroes comprenderan que todos eran importantes, pero que unidos, aínda o eran máis.
|
COLORÍN, COLORETE, POLA CHEMINEA ESCAPOU UN FOGUETE! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario