Na nosa clase en Leiro, tivemos a visita de Maruxa, unha hixienista dental que veu informarnos de todo o que temos que facer para poder presumir dunha dentadura perfecta.
Aprendemos a cepillar correctamente a boca, utilizando un molde de dentista.
Falounos daqueles alimentos que debemos evitar, porque estropean os nosos dentes: caramelos,refrescos, doces... |
Non só hai que cepillar os dentes, tamén a lingua! |
O mestre dos dentes, o Ratiño Pérez, só escolle aqueles que están brancos e moi limpos.
Debemos visitar ao dentista cada seis meses para unha revisión |
PARTES DA BOCA
Para rematar, un agasallo con merenda saudable, cepillo de dentes,consellos para unha correcta hixiene e suxerencias de alimentos que protexen a nosa dentadura. MOITAS GRAZAS, MARUXA! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario