Cada 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz ,adicado a conmemorar unha cultura de non violencia e paz. Este curso, adicado á Prehistoria,quixemos imitar a aqueles seres humanos que utilizaban todos os materiais do seu entorno e recollemos pedras para facer a nosa pequena homenaxe a esta data sinalada.
Con pintura e pincel,decoramos as pedras, onde unha vez secas, escribimos ou formamos con letras de goma eva,bonitas palabras que deben perdurar durante todo o ano,para conseguir un mundo mellor.
As colocamos,adoptando unha forma circular,a imitación dun "cromlech" e no centro,unhas pombas cos nosos mellores desexos dunha vida mellor para todos.
VERDES,AMARELAS,AZUIS... |
CON MOITO COIDADO! |
FELIZ DÍA PARA TOD@S
No hay comentarios:
Publicar un comentario