Hoxe montamos no autobús rumbo a O Grove,a través do programa creado pola Consellería do Mar,"Ti si que es un bo peixe". Con el preténdese promover os produtos do mar e o seu consumo entre os rapaces da nosa comunidade.
Coa visita ao porto,comezou a mañá,onde poidemos coñecer diferentes tipos de redes,o xeito de utilizalas e o que se pode pescar con cada unha delas,todo explicado dun xeito moi ameno por Aris,o noso monitor.
A lonxa foi o noso seguinte destino.Alí,aprendemos como se fai unha subasta e poidemos ver unha gran centola!
MENUDA CANTIDADE DE XEO! |
PEIXE PREPARADO PARA A SUBASTA |
MIRANDO O TAMAÑO MÍNIMO LEGAL |
QUE SACARÁ? |
VAIA CENTOLO! |
Á saída,déronnos un agasaio que recibimos moi gustosamente.
Para repoñer forzas,nada meior que unha rica merenda mariñeira,a base de croquetas de peixe ,pizza de atún e un iogur .
No hay comentarios:
Publicar un comentario