Chegou o venres e a tan ansiada festa de Entroido con trogloditas e dinosauros.
A gran actuación do Mago Deimi fixo as delicias de todo o público, na que participaron varios nenos voluntarios.
Antes da merenda,había que mover o corpo e que mellor que bailando,mentres pasamos por debaixo dun pau (limbo).
Os doces de Entroido que trouxeron as familias estaban boísimos:filloas,orellas,flores ,rosquillas...
Coa barriga chea, xa estabamos preparados para o desfile e así o fixemos,xa que fora estaba agardando o público,ansioso por vernos.
Para rematar a mañá,como bos trogloditas tiñamos que presentarnos e contar como se vivía na Prehistoria; fixémolo cantando e bailando,baixo a dirección da profe Olalla.
A ambientación correu a cargo da ANPA,que fixeron posible ,que por un intre,viaxaramos ao mundo da Prehistoria,montados no troncomóvil dos Picapedra ou sentados ao carón do lume para degustar unha rica carne de mamut.
MOITAS GRAZAS!
MENUDA CACERÍA E PESCA! |
CON DINO E PEBBLES PICAPEDRA |
IMOS DE VIAXE NO TRONCOMÓVIL! |
MENUDO CLAN! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario