Neste curso,queriamos adicar o Día da Muller a todas as nais,figuras indispensables na nosa vida.
Por iso,pensamos que sería bonito que acudiran ás aulas para contarnos anécdotas da súa vida, contarnos un conto,cantar unha canción,ensinarnos a bailar.... e poder compartir con todos nós un anaquiño do seu valioso tempo.
Para rematar,deberían pasar unha proba: o Rosco de Pasapalabra.
Pola colaboración prestada para a celebración desta data,faráselle entrega dun diploma de agradecemento.
A primeira en visitarnos foi Marisa, a avoa de Farah,quen recordou intres da súa infancia en Francia,país ao que lle gustaría moito voltar.
MOI ATENTOS ÁS PALABRAS DE MARISA |
PREPARADA? |
APERTA GRUPAL GRAZAS,AVOA DE FARAH |
Josefa, a tía de Romeo, deleitounos coa súa voz,xa que é cantante lírica e profesora de canto. Aprendemos dúas cancións e poidemos escoitar pequenos fragmentos ,como "O mio babbino caro",da ópera Gianni Schicci,de Puccini.
FACENDO ASÚA PRESENTACIÓN. |
EXPLICANDO A UTILIDADE DO DIAPASÓN |
A mamá de Romeo,que tan amablememte convidou a Josefa para que poidesemos disfrutar da súa maravillosa voz, participou no rosco,superando a proba.
E si con Josefa aprendemos a cantar,con Beatriz, a nai de Amalia,aprendemos a bailar ,e nada menos que bachata!
"Cuando las niñas vuelan alto" foi o título escollido por Bea para contarnos na aula.
A continuación,superou a proba do rosco e para finalizar a mañá,tocaba mover o corpo a ritmo de bachata.
E así o fixemos.
DISFRUTANDO DO CONTO |
PREPARADA? |
PROBA SUPERADA! |
MOITAS GRAZAS,BEA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario