Unha das receitas saudables que nos deixou Maruxa foi a de galletas con avea e plátano.
Así que decidimos cociñalas o mércores,xa que temos o forno en Leiro.
É de elaboración moi sinxela: os ingredentes son cinco plátanos e avea.
Unha vez aplastado o plátano,engadimos a avea e mesturamos ata formar unha masa.
Logo,faremos boliñas e darémoslle forma de galleta.
Metemos ao forno uns vintecinco minutos a 180º.Sacamos e deixamos enfriar.
E agora só queda....probalas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario