O 21 de marzo celebrouse o Día Mundial da Poesía. Na nosa aula,gustanos moito recitar poemas,así que unímonos a esta festa cunhas rimas co noso nome.
"A primavera xa chegou,
toda cheíña de cores,
para que Amalia faga
unha coroa de flores"
"Farah corre polo campo,
o vento dalle na cara,
despeina o seu cabelo,
pero non lle importa nada"
"Poemas de Rosalía
recita Lía no seu balcón,
e a xente que pasa
escoita con atención"
"Arredor das flores
van voando as bolboretas,
e Sofía as debuxa
con pintura de acuarelas"
" O coello come cenorias,
a galiña come millo
e a Benito gústalle moito
xogar co seu parruliño"
"Romeo quere dormir,
os olliños vai pechando,
está soñando coa lúa
mentres que vai navegando"
"Unicornios de cores
quere Sofía,
para poñer na habitación
da súa tía"
"Suri ten unha boneca
que se chama Pepiña,
dalle o biberón
e a deita na camiña"
No hay comentarios:
Publicar un comentario