Unha das teorías que máis apoian os estudos científicos realizados é que os volcáns acabaron cos dinosauros. Unha gran actividade volcánica prolongouse durante moito tempo, sobre todo na parte da India. A cinza e os gases expulsados impediron que a luz do Sol chegara de xeito correcto e que o aire se volvera tóxico.
Así que para ver como o volcán expulsa a lava polo cráter,botamos man dos seguintes ingredentes: vinagre,bicarbonato, colorante e xabón líquido.
Producese unha reacción química que xera dióxido de carbono, o gas que fai que se formen burbullas e a erupción.
Divertímonos moito con este experimento e así o deixan ver as caras de emoción dos nenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario