Hoxe traballamos cos nosos nomes: contamos o número de letras, o número de sílabas, cales eran os máis curtos e cales os máis longos, os que tiñan o mesmo número de letras, percutimos as sílabas...
Agora tocaba compoñer o nome dun xeito moi doce: con galletas.
En varios pratiños, tiñamos que buscar as letras correspondentes e unha vez feito...COMELAS!
Especialmente hoxe, a máis de un encantaríalle chamarse NABUCODONOSOR (13 letras= 13 galletas)
PERO QUE DELICIA DE GALLETAS! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario