Por fin chegou a tan ansiada festa de Samaín e aquí estamos todos disfrazados de esqueletos, como Anacleto.
Para comezar a mañá, recibimos a visita dalgúns compoñentes da Escola de Música de Ribadumia. Poidemos coñecer diferentes instrumentos de vento, como o bombardino, o clarinete, a trompeta ou a tuba. Escoitamos pequenos fragmentos de obras coñecidas e invitáronnos a probalos, pero non todos se atreveron.
Un circuito terrorífico e a decoración dunha Catrina foron as seguintes actividades previas á merenda.
TUMBAS POR AQUÍ,TUMBAS POR ALÁ! |
COIDADO COA BRUXA! |
TERRORÍFICAS CABAZAS!
EQUIPO DE ESQUELETOS |
Chega o momento de recargar pilas coa merenda e algo de xogo no patio.
Debido a choiva, fixemos unha improvisación de Carreira Solidaria dentro do Local Social, a xeito de roda con ritmo de Samaín e para rematar, o teatro "La Ensalada de la Bruja" e o baile dos esqueletos, a cargo da profe Olalla e todo o alumnado do CRA.
A exposición de cabazas foi aterradora e marchamos a casa co noso cestiño de castañas asadas e unha sensación de diversión ben merecida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario