Hoxe , por fin, poidemos ir de excursión, xa que o mal tempo deunos tregua e subimos no autobús, cara a Portonovo.
Xa na Lonxa, poidemos participar na subasta do peixe, hoxe modernizada a través de mandos a distancia. Cando un comprador o para, a caixa chega ao final da cinta, emitíndose a correspondente etiqueta. Mercamos moito peixe, pero a un precio moi alto! Teremos que practicar un pouco máis, para facelo mellor!Tamén coñecemos o arte da pesca e os seus diferentes aparellos: liña, palangre,raño,nasa...
Unha vez rematada a compra,camiñamos ata o porto para visitar ás redeiras, que moi amablemente, explicáronnos o arte das redes.
|
Un mariñeiro que atopamos no porto ensinounos un polbo e poidemos ver como os tentáculos seguían movéndose. Antes da merenda mariñeira que nos tiñan preparada, subimos de novo ao autobús para visitar o mercado e coñecer diferentes tipos de peixe e marisco.
|
|
AMEIXAS |
|
MEIGAS FRESQUIÑAS! |
|
BOIS E CENTOLOS |
|
ROBALIZA |
|
NÉCORAS |
|
OLLOMOL E PEIXE SAPO |
|
COMO PESA! |
|
RICAS LURAS E PESCADAS! |
|
LUBRIGANTES |
Todo o personal do mercado foi moi amable e explicounos con detalle os diferentes tipos de marisco e peixe que tiñan á venda.Ademáis, déronnos un agasallo ao rematar a visita: unha bolsa con unha caixiña de lápices de cores, un caderno cos diferentes postos que hai no mercado e os produtos que se venden neles e un bloc para anotar a compra.
Despedímonos e voltamos á Lonxa, onde xa, con moita fame, poidemos merendar.
E a foto final con todo o grupo e entrega dos diplomas de participación na actividade.
Canto aprendemos e que divertido!
No hay comentarios:
Publicar un comentario