martes, 20 de febrero de 2018

MÓBIL MARIÑO


 





Seguimos aprendendo curiosidades dos habitantes do fondo mariño e esta vez, tocoulle ao cabaliño de mar, a medusa e a estrela de mar.

Vimos que a medusa ten forma de campá, con longos tentáculos para paralizar as súas presas.

O cabaliño de mar é un peixe que nada de pé e que vive escondido no medio das algas.
O que nos chamou moito a atención foi que é o macho o que leva unha bolsa no ventre, onde a femia mete os ovos,
Un mes despois,os pequenos cabaliños  xa están listos para nacer e o pai expúlsaos.

A estrela de mar é un animal mariño con forma de estrela de cinco brazos.
Gústanlle moito os moluscos e os abre coas ventosas dos seus brazos.

Na clase de Plástica, confeccionamos un móbil con estes tres animais mariños.


         Coloreamos os animais , para logo recortalos e colgalos dunha palliña para facer o móbil
E así de bonito nos quedou!



viernes, 16 de febrero de 2018

SI É QUE CHOVE...ABRE O TEU PARAUGAS

Nestes días de tanta choiva, que mellor que poñernos un bo chubasqueiro e unhas botas de auga.


Como si dun puzzle se tratara,colocamos as pezas(botas, chubasqueiro, paraugas e gorro) no seu lugar correspondente.

Picamos o charco e pegamos papel de celofán azul.



                                                                     E...A SALTAR OS CHARCOS! 

DO NADAL AO FRÍO INVERNO....

Así de guapos, saudábamos ao Nadal...





...e na clase de Plástica, facíamos estes bonitos  Papá  Noel!
Así de conxelados quedamos cos nosos bonecos de neve!

Víchedes cantos irmáns lle saíron a OLAF?

REQUETEBONITOS!

PARABÉNS, DAVID!

♬♬♬♬  PARABÉNS PARA TI, NESTA DATA QUERIDA, MOITAS FELICIDADES, MOITOS ANOS DE VIDA☺☺☺

miércoles, 7 de febrero de 2018

DÍA DA MULLER E DAS NENAS NA CIENCIA



                                 

                         Para conmemorar o Día da muller e das nenas na ciencia, recibimos unha visita moi especial: dúas científicas, Luisa e Nieves, especialistas en investigación mariña e da natureza respectivamente.
Luisa contounos un conto sobre as ondas do mar, a area, a praia...
 

 Poidemos ver obxectos que,habitualmente, atopamos nas praias, algún verdaderamente curioso: ovos de tiburón algas, areas de diferente grosor, un envase de lixívia de hai moitísimos anos, cunchas de variados tamaños, etc...








 Con Nieves observamos árbores cultivados e follas de diferentes formas, ás que lle debuxamos caras sorrintes e  aprendemos os coidados que necesitan as plantas para vivir.




Coa axuda dun bombín, inflamos un globo, sin necesidade de soprar e ata regamos as plantas



A mañá rematou coa fabricación dun taumátropo, xoguete que reproduce o movemento mediante dúas imaxes. 

INVERNO



O inverno está deixándose sentir con moita forza este ano e estamos aprendendo cousas desta estación, que ata agora, non coñecíamos.Recopilamos toda a información nun pequeno cuaderno, para poder levalo a casa  e ver costumes dos animais nesta época, festividades que celebramos, tipos de árbores, froitos, etc...
COMEZO DA ESTACIÓN

TEMPERATURAS


PARAUGAS, BOTAS, IMPERMEABLES...

PRENDAS DE VESTIR

ANIMAIS

NEVE

FROITAS

FESTIVIDADES

POESÍAS

CORES  FRÍAS